3 mar 2011

PREMIOS


Persoa gañadora:
Concurso de debuxo: un ordenador e un lote de libros.
Concurso de redacción: un ordenador e un lote de libros.
Concurso de expresión libre: un ordenador e un lote de libros.

Finalistas: un lote de libros e un equipo portátil de audio.

Clase de cada unha das persoas gañadoras: excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia, na data que decida o centro.

Centro escolar de cada persoa gañadora: equipo completo de Smart Board (encerado dixital).

Profesor ou profesora que supervise a cada persoa gañadora: ordenador portátil.

Os premios, un por categoría, entregaranse nun acto no Parlamento de Galicia, ao que tamén serán convidados os colexios participantes no concurso. Se quen gañase fose un grupo, haberá un premio para cada integrante.