3 mar 2011

BASES DO CONCURSO



Concurso de debuxo, dirixido ao alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de primaria.
Formato máximo: tamaño folio ou dobre folio.

Concurso de redacción, cunha extensión máxima dun folio, manuscrito, a dobre espazo. Dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria e 1.º e 2.º da ESO.

Concurso de expresión libre, dirixido ao alumnado de 3.º e 4.º da ESO.
Aberto a calquera tipo de expresión creativa, como redacción, debuxo e pintura, fotografía, vídeo, tecnoloxías de información... Poderán concursar alumnos e alumnas a título individual ou grupos.

Nos tres casos, tamén se seleccionará cadanseu finalista. 

Presentación dos orixinais
Enviaranse ao Parlamento de Galicia (Concurso escolar), rúa do Hórreo, 63, 15701 Santiago de Compostela, antes do 29 de abril de 2011.
Os orixinais non se devolverán e o Parlamento reserva o dereito a publicalos integramente ou en parte.
Os orixinais irán acompañados dunha etiqueta cos datos: nome e apelidos da persoa autora, idade e curso, nome e apelidos do profesorado que coordine e nome do centro escolar, con enderezo, teléfonos de contacto e correo electrónico.

Decisión do xurado
O xurado estará composto polos membros da Mesa do Parlamento, ou os deputados nos que deleguen, e por un docente proposto polo Parlamento de Galicia. Tamén realizará unha selección dos mellores traballos, que se publicarán na www.parlamentodegalicia.es e serán expostos na sede parlamentaria.