· A presidenta da Cámara destaca a creatividade, espírito crítico e capacidade de análise dos traballos presentados ao concurso
· Pilar Rojo anima aos escolares aproveitar a súa etapa formativa, dado que “o esforzo é a única fórmula capaz de conducirvos ao éxito persoal e profesional; porque non hai atallos nin fórmulas máxicas máis aló do esforzo, o estudo e o traballo constante”
Santiago, 6 de xuño de 2012.-
O Salón dos Reis do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá o acto de entrega
de premios aos gañadores e finalistas da segunda edición do Concurso Escolar:
“O parlamento de Galicia: a túa casa. A casa de todos os galegos e as galegas”.
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, membros da Mesa da Cámara e outros deputados foron os
encargados de entregar os premios aos alumnos e alumnas dos centros
participantes.
Na súa intervención,
Pilar Rojo reivindicou o espírito que anima o concurso escolar do Parlamento de
Galicia, que acada xa a súa segunda edición: “espertar o interese dos máis
novos polo que aquí facemos e polo que significa o Parlamento como piar do noso
sistema democrático”.
A presidenta
do Parlamento subliñou que os escolares centran gran parte dos esforzos de
divulgación da Cámara galega dada a importancia de que coñezan a primeira institución de Galicia. Por iso, o Parlamento potencia iniciativas
como o programa de visitas guiadas, do que destacou como obxectivo que ao
remate da escolarización obrigatoria, todos os estudantes galegos teñan
visitado, polo menos nunha ocasión, a sede lexislativa autonómica.
Espírito
crítico
A presidenta
da Cámara quixo resaltar a calidade dos orixinais recibidos nesta segunda
edición do concurso escolar do Parlamento e, sobre todo, a súa creatividade, feito
que pon de manifesto un “espírito crítico, capacidade de análise, de esforzo e
de traballo de todos” os participantes.
Pilar Rojo quixo
tamén agradecer aos 606 alumnos participantes nas diferentes modalidades e aos
profesores coordinadores dos traballos a súa implicación con esta iniciativa.
E, dirixíndose aos nenos e nenas que acudiron ao acto de entrega dos premios, animounos a aproveitar
esta etapa vital para “acadar unha formación de calidade que vos permita
afrontar o futuro con garantías”.
Para a
presidenta do Parlamento, “o esforzo é a única fórmula capaz de conducirvos ao
éxito persoal e profesional. Porque non hai atallos nin fórmulas máxicas máis
aló do esforzo, o estudo e o traballo constante”.
Gañadores
e finalistas
Os
participantes no Concurso Escolar do Parlamento de Galicia cursan estudos de educación infantil, primaria, secundaria e educación
especial. Os
gañadores na modalidade de debuxo/pintura están escolarizados no CEE PRÍNCIPE
FELIPE, de Pontevedra. Estudantes do IES ANXEL FOLE, de Lugo, fixérono nas
categorías de redacción e de expresión libre. Os alumnos finalistas cursan estudos
no CPR A MERCED, de Sarria (Lugo); no IES EDUARDO BLANCO AMOR, de Culleredo (A
Coruña) e no IES ILLA DE TAMBO, de Marín (Pontevedra)
• Concurso de debuxo/pintura:
Alumnos/as do grupo gañador: Javier García Montojo, María
Pereira Carpintero e Fátima Blanco
Sarandeses(doc. núm. 80142.1)
-Clase: 4º B
de 1º ciclo de educación especial
-Profesora
que supervisou o traballo: Dª Susana Grandal Vizoso-Centro educativo: CEE PRÍNCIPE FELIPE (Pontevedra)
Alumnos/as
do grupo finalista: Iago Arias Felices, Xulia
Díaz Barreal e María López Sánchez
(doc. núm. 80766) (alumnos/as de 2º de educación primaria do CPR A MERCED de
Sarria.Lugo)
• Concurso de
redacción:
Alumnos do grupo gañador: Gabriel Balea Martínez, Omar Campos Cascudo, Manuel Doel Carreira e Alejandro Martínez Ferreiro (doc. núm. 80932.6 )
- Clase:
2º C de ESO
- Profesor
que supervisou o traballo do: D. Xosé Graña Núñez- Centro educativo: IES ANXEL FOLE (Lugo)
Alumnos/as do grupo finalista: Celia Acción de la Iglesia, Pablo Francos Sánchez e Facundo Teijeira Silva (doc. núm.
80848.3)( alumnos/as de 2º G de ESO do IES EDUARDO BLANCO AMOR de Culleredo. A
Coruña)
•Concurso de
expresión libre:
Alumnas do grupo gañador: Beatriz Calistre Fernández, Nerea Sangiao Espiño, Iria Mª Souto Grande, Rut Pena Iglesias e Mar Carmen Quintana Senín (doc. núm. 80932.4)
- Clase:
3º C de ESO
- Profesor
que supervisou o traballo: D.Vicente Gutiérrez Pascual- Centro educativo: IES ÁNXEL FOLE (Lugo)
Alumnos do grupo finalista: Guillermo Rodríguez García e José Santiago Estévez (doc. núm.
80855.1)(alumnos/as de 4º A de ESO do IES ILLA DE TAMBO Marín. Pontevedra)
Premios
Cada un
dos alumnos gañadores do concurso de debuxo e pintura recibiu unha consola, un
xogo sobre a arte de pintar e un lote de libros. Os gañadores dos concursos de
redacción e de expresión libre foron premiados cun ordenador portátil e un lote
de libros.
A clase
de cada grupo gañador será premiada cunha excursión de carácter educativo para
visitar un lugar significativo de Galicia na data que decida o centro. Cada un
dos profesores coordinadores dos traballos gañadores teñen como premio unha
táboa dixital.
Ademais,
os centros educativos dos equipos gañadores recibirán 2.000 euros para destinar
á organización de actividades extraescolares ou actividades da biblioteca
escolar.
Máis información en www.parlamentodegalicia.es
Máis información en www.parlamentodegalicia.es