6 jun 2012

Pilar Rojo reinvindica o concurso escolar do Parlamento para fomentar o interese dos máis novos pola institución

·        Dentro de obxectivo de “abrir as portas” da primeira institución de Galicia, destaca tamén as visitas guiadas e marca como obxectivo que todos os escolares galegos visiten o Parlamento polo menos unha vez durante a escolarización obrigatoria

·       
A presidenta da Cámara destaca a creatividade, espírito crítico e capacidade de análise dos traballos presentados ao concurso

·       
Pilar Rojo anima aos escolares aproveitar a súa etapa formativa, dado que “o esforzo é a única fórmula capaz de conducirvos ao éxito persoal e profesional; porque non hai atallos nin fórmulas máxicas máis aló do esforzo, o estudo e o traballo constante”


Santiago, 6 de xuño de 2012.- O Salón dos Reis do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá o acto de entrega de premios aos gañadores e finalistas da segunda edición do Concurso Escolar: “O parlamento de Galicia: a túa casa. A casa de todos os galegos e as galegas”. A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, membros da Mesa  da Cámara e outros deputados foron os encargados de entregar os premios aos alumnos e alumnas dos centros participantes.

Na súa intervención, Pilar Rojo reivindicou o espírito que anima o concurso escolar do Parlamento de Galicia, que acada xa a súa segunda edición: “espertar o interese dos máis novos polo que aquí facemos e polo que significa o Parlamento como piar do noso sistema democrático”.

A presidenta do Parlamento subliñou que os escolares centran gran parte dos esforzos de divulgación da Cámara galega dada a importancia de que coñezan  a primeira institución de Galicia.  Por iso, o Parlamento potencia iniciativas como o programa de visitas guiadas, do que destacou como obxectivo que ao remate da escolarización obrigatoria, todos os estudantes galegos teñan visitado, polo menos nunha ocasión, a sede lexislativa autonómica.

Espírito crítico

A presidenta da Cámara quixo resaltar a calidade dos orixinais recibidos nesta segunda edición do concurso escolar do Parlamento e, sobre todo, a súa creatividade, feito que pon de manifesto un “espírito crítico, capacidade de análise, de esforzo e de traballo  de todos” os participantes.

Pilar Rojo quixo tamén agradecer aos 606 alumnos participantes nas diferentes modalidades e aos profesores coordinadores dos traballos a súa implicación con esta iniciativa. E, dirixíndose aos nenos e nenas que acudiron ao acto de  entrega dos premios, animounos a aproveitar esta etapa vital para “acadar unha formación de calidade que vos permita afrontar o futuro con garantías”.

Para a presidenta do Parlamento, “o esforzo é a única fórmula capaz de conducirvos ao éxito persoal e profesional. Porque non hai atallos nin fórmulas máxicas máis aló do esforzo, o estudo e o traballo constante”.

Gañadores e finalistas

Os participantes no Concurso Escolar do Parlamento de Galicia cursan estudos de educación infantil, primaria, secundaria e educación especial. Os gañadores na modalidade de debuxo/pintura están escolarizados no CEE PRÍNCIPE FELIPE, de Pontevedra. Estudantes do IES ANXEL FOLE, de Lugo, fixérono nas categorías de redacción e de expresión libre. Os alumnos finalistas cursan estudos no CPR A MERCED, de Sarria (Lugo); no IES EDUARDO BLANCO AMOR, de Culleredo (A Coruña) e no IES ILLA DE TAMBO, de Marín (Pontevedra)

Concurso de debuxo/pintura:

Alumnos/as do grupo gañador: Javier García Montojo, María Pereira Carpintero e Fátima Blanco Sarandeses(doc. núm. 80142.1)

-Clase: 4º B de 1º ciclo de educación especial
-Profesora que supervisou o traballo: Dª Susana Grandal Vizoso
-Centro educativo: CEE PRÍNCIPE FELIPE (Pontevedra)

Alumnos/as do grupo finalista: Iago Arias Felices, Xulia Díaz Barreal e María López Sánchez (doc. núm. 80766) (alumnos/as de 2º de educación primaria do CPR A MERCED de Sarria.Lugo)

Concurso de redacción:

Alumnos do grupo gañador: Gabriel Balea Martínez, Omar Campos Cascudo, Manuel Doel Carreira e Alejandro Martínez Ferreiro (doc. núm. 80932.6 )

- Clase: 2º C de ESO
- Profesor que supervisou o traballo do: D. Xosé Graña Núñez
- Centro educativo:  IES ANXEL FOLE (Lugo)

Alumnos/as do grupo finalista: Celia Acción de la Iglesia, Pablo Francos Sánchez e Facundo Teijeira Silva (doc. núm. 80848.3)( alumnos/as de 2º G de ESO do IES EDUARDO BLANCO AMOR de Culleredo. A Coruña)


Concurso de expresión libre:

Alumnas do grupo gañador:  Beatriz Calistre Fernández, Nerea Sangiao Espiño, Iria Mª Souto Grande, Rut Pena Iglesias e Mar Carmen Quintana Senín (doc. núm. 80932.4)

- Clase: 3º C  de ESO
- Profesor que supervisou o traballo: D.Vicente Gutiérrez Pascual
- Centro educativo: IES ÁNXEL FOLE (Lugo)

Alumnos do grupo finalista: Guillermo Rodríguez García e José Santiago Estévez (doc. núm. 80855.1)(alumnos/as de 4º A de ESO do IES ILLA DE TAMBO Marín. Pontevedra)

Premios

Cada un dos alumnos gañadores do concurso de debuxo e pintura recibiu unha consola, un xogo sobre a arte de pintar e un lote de libros. Os gañadores dos concursos de redacción e de expresión libre foron premiados cun ordenador portátil e un lote de libros.

A clase de cada grupo gañador será premiada cunha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia na data que decida o centro. Cada un dos profesores coordinadores dos traballos gañadores teñen como premio unha táboa dixital.

Ademais, os centros educativos dos equipos gañadores recibirán 2.000 euros para destinar á organización de actividades extraescolares ou actividades da biblioteca escolar.

Máis información en www.parlamentodegalicia.es



No hay comentarios:

Publicar un comentario